Funda para gafas Cencores
Funda para gafas Cencores : confeccionada cun anaco da cultura tradiconal galega: como é este estampado. Acolchadiña, forrada en vichy negro e con peche de goma que se engancha a un botón. Leva os teus lentes sempre a bo recaudo mentres presumes do noso cos teus complementos. Non haberá foliada que se che resista!
As súas medidas son de 18 x 9 cm aproximadamente. Lembra que todos os produtos Meteora están feitos á man e, polo tanto, as medidas poderían variar lixeiramente.
A Funda para gafas Cencores pódese lavar á máquina, preferiblemente en auga fría, sen utilizar lixivias nin produtos químicos agresivos que poidan danar os tecidos. Lembra que tamén están prohibidas as secadoras; mellor deixa que seque ao aire para conservala durante moito máis tempo. Despois podes darlle un pasado de ferro, seleccionando na túa prancha unha temperatura baixiña, axeitada para o algodón. E listo! quedará como nova.
Combínaa con outros produtos da web para facer un súper conxuntazo, por exemplo co coleteiro Cencores, e lembra que podes visitar o noso Instagram para inspirarte ou para ver máis fotos dos produtos 😉