Funda para gafas Cencores

15,00 

Hay existencias

Total del producto
Total de las opciones
Total general

Impuesto incluido. Los gastos de envío se calcularán en la pantalla de pago

Funda para gafas Cencores

Funda para gafas Cencores :  confeccionada cun anaco da cultura tradiconal galega: como é este estampado. Acolchadiña, forrada en vichy negro e con peche de goma que se engancha a un botón. Leva os teus lentes sempre a bo recaudo mentres presumes do noso cos teus complementos. Non haberá foliada que se che resista!

As súas medidas son de 18 x 9 cm aproximadamente. Lembra que todos os produtos Meteora están feitos á man e, polo tanto, as medidas poderían variar lixeiramente.

A Funda para gafas Cencores pódese lavar á máquina, preferiblemente en auga fría, sen utilizar lixivias nin produtos químicos agresivos que poidan danar os tecidos. Lembra que tamén están prohibidas as secadoras; mellor deixa que seque ao aire para conservala durante moito máis tempo. Despois podes darlle un pasado de ferro, seleccionando na túa prancha unha temperatura baixiña, axeitada para o algodón. E listo! quedará como nova.

Combínaa con outros produtos da web para facer un súper conxuntazo, por exemplo co coleteiro Cencores, e lembra que podes visitar o noso Instagram para inspirarte ou para ver máis fotos dos produtos 😉